«Empreocúpate» é unha iniciativa para prestar apoio ao Módulo Ocupacional transversal de Creación de Empresas na programación anual da Consellería de Traballo.É unha iniciativa xurdida da colaboración das Consellerías de Economía e Facenda, a Consellería de Traballo, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), que ten o seu propio portal do proxecto en http://www.empreocupate.org
Docentes do módulo transversal en creación de empresas ou dos cursos ocupacionais con esta temática que desexen ter acceso aos contidos ampliados e soporte para a implementación da iniciativa nas aulas.