|
Celebrarase o13 e 14-xulio en horario de 20 - 22 horas.
CAPTACIÓN E FIDELIZACIÓN DE CLIENTES (4 horas)
Estes seminarios e charlas teñen os seus contidos orientados á mellora das habilidades necesarias para traballar de forma efectiva dentro dunha empresa. Están dirixidos a empresarios, profesionais independentes, autónomos e técnicos responsables nas empresas, que queiran obter coñecementos para a mellora empresarial.
A formación realízase para un mínimo garantido de entre 15 e 20 asistentes, podendo admitirse ata dúas persoas por empresa, para un mínimo de 15 empresas participantes.
Dirixido a: Empresarios, autónomos e empregados de hostalaría
Obxectivos: Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente. Comprender a importancia de manter os clientes fieis á empresa. Incorporar as ferramentas necesarias para a fidelización do cliente.
Contidos: 1. Introdución 2. Prospección de clientes. Métodos 3. Captación de clientes: -Estratexias de captación; -Plans de captación selectiva; -Asignación de recursos e canles; -O proceso de captación 4. As sete P´s do posiciomamento: -Marketing Mix 5. O proceso de venda: -Os primeiros momentos: Saúdo e recepción; -Indagación de necesidades; -Presentación de beneficios; -Reconfiguración da oferta; -Formalización do vínculo; -A fidelización 6. A retención dos clientes
Información e inscricións: ENTIDADE COLABORADORA: Antena cameral de Gondomar. Cámara de Comercio de Vigo TEL.: 986 369 900 / 628 935 246 |